EN MÁIS QUE AUGA, ABRIMOS POR VACACIÓNS!

22/06/2023

Chega o verán e en Máis que Auga poñemos o cartel de “Abrimos por vacacións”! E é que non vos imos a abandonar coas calores, porque se algo temos claro é que hai que coidarse os 12 meses do ano, así que, con algúns cambios nos horarios e na programación de actividades, seguimos aquí para ti e os teus! Teremos algunhas novidades que vos van a resultar interesantes, como máquinas novas ou o servizo de fitdrinks, ademais das actividades habituais de sala, auga e pádel. Tamén, no verán temos moitas actividades pensadas para os peques: Cursos intensivos de natación, para aprender a nadar nunha semana, e campamentos de verán, co que as nosas instalacións estarán cheas de alegría e de sorrisos contaxiosos. Se queres máis información sobre os campus (horarios, prezos, actividades…) prema na seguinte ligazón e recorda que tamén poderás contratar as actividades que te interesen a través da páxina web.

Horarios

Comezaremos cos horarios do mes de xullo. De luns a venres abrimos de 7 a 23 horas, mentres que o sábado estaremos só en horario matinal (de 9 a 14:00 horas). Tan só pecharemos domingos e festivos. Na imaxe tes, ao detalle, os horarios nas diferentes zonas (sala, auga e spa).

 

Barreiro

O solárium exterior de Barreiro é un dos seus atractivos no verán, porque é unha zona moi agradable tanto para pasar un intre cos amigos/as conversando tras facer deporte ou como para ler un libro, escoitar música ou durmir a sesta plácidamente. Ademais, este ano o solárium, abrirá en todo o horario da instalación, polo que poderedes gozar desta zona de lecer cando teñades un momento libre.

 

Pero se falamos de deporte, non podemos esquecer os cursos intensivos de natación, que se celebran durante o mes de xullo. Teñen unha duración dunha semana e este traballo intensivo na auga permitiralles aprender a nadar ou perfeccionar o estilo. Ademais, onde o pasan mellor os nenos/as no verán que na piscina? En Barreiro tamén haberá campamentos de verán para os peques, nos que terán numerosas actividades no exterior.

Coia

En Coia tamén ides atopar os cursos intensivos de natación para os “peixiños” e na auga para os adultos, non podemos esquecernos de Aquatraining, que sorprenderá a aquelas persoas que non o coñezan.

 

En sala, continuamos, coas nosas clases habituais de zumba, zenyo ou power, entre outras, incluídas no abono e, para saír ao exterior, mantemos a clase de marcha nórdica (mércores, 18:30 horas), que sempre é unha forma diferente de facer deporte. Fóra do abono, teremos os cursos de pilates e hipopresivos, xa un clásico en MQA, e que se manteñen por petición popular, porque hai que coidarse todo o ano.

Navia

No centro de Navia, por suposto, tamén teremos os cursos de natación intensivos e os campamentos de verán MQA, dúas actividades pensadas e programadas para os máis pequenos/as. E tamén para eles, dous días á semana (martes e mércores, 18:45 horas) ofrecerémoslles zumba kids/júnior, unha clase que sempre lles encanta.

 

Pero non só hai propostas para eles. Para as persoas de máis idade, temos as actividades de sénior ou mobilidade (incluídas no abono) e por suposto en sala temos a nosa oferta variada de clases incluídas no abono para todos os gustos.

Así que… Esperámosvos nos nosos centros Máis que Auga tamén no verán!!