O MELLOR PLAN PARA OS TEUS PEQUES NO VERÁN, OS CAMPAMENTOS MÁIS QUE AUGA!

08/06/2023

Chega o verán e en Máis que Auga temos a mellor proposta para os pequenos/as da casa: Os nosos campamentos multideporte e de aventura! Unha opción atractiva para os participantes e que encanta aos proxenitores, xa que inclúe actividade física, natureza e ademais están dirixidos por grandes profesionais do sector.

 

Para este verán temos dúas propostas tremendamente atractivas para os nosos pequenos deportistas, nas que terán cabida os nenos/as de 3 a 14 anos desde o 26 de xuño ao 11 de agosto. Os campus realizaranse nas instalacións de Navia e de Barreiro e contarán con numerosas actividades no exterior, ademais de que todos os días terán piscina e outras moitas propostas para realizar nas nosas instalacións.

 

Campamento multideporte

Dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos, que gozarán co deporte, os xogos e as actividades ao aire libre. Contaremos unha programación moi variada na que o aburrimento está prohibido, con actividades como baile, zumba, pádel, xogos tradicionais, robótica… E natación. A piscina ocupará un lugar moi importante no noso campamento, xa que teremos todos os días e é algo que aos pequenos e pequenas gozan ao máximo.

Ademais, os venres teremos saídas ao exterior, a gran aventura para os nosos pequenos intrépidos/as! Por exemplo, iremos á praia de Panxón, onde unha vez máis, o mar será o protagonista, pero tamén nos desprazaremos ata o monte Alba, onde as árbores e a vexetación priman e inculcarémoslles o amor e o respecto pola natureza. E unha das saídas máis emocionantes para os nosos pequenos será Onde viven os contos, xa que visitarán unha granxa na que recoller as hortalizas e froitas do propio horto e posteriormente cociñarán nun taller de cociña. Ademais, terán unha zona de construcións “xigantes”, na que gozarán como “ananos”.

 

Campamento de deporte e aventura

A segunda opción de campus é o de deporte e aventura que está dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos, nos que haberá actividades para os “máis maiores” como crosstraining, bike indoor ou iniciación ao beisbol, baloncesto ou balonmán e por suposto o resto das actividades (zumba, piscina…). O venres é o día dedicado ás saídas, que estarán adaptadas a estas idades, nas que gozarán da natureza e a aventura. Aquí, os nosos deportistas farán surf e pádel surf na praia, visitarán o Ecoparque de aventuras de Beade, terán a súa sesión de Humor Amarelo no Monte Alba, onde as caídas máis simpáticas están aseguradas e a diversión tamén. ¡Moitas sorpresas e diversión para todas e todos!

 

Horario e prezos

O horario será de 9 a 14 horas, pero existe a posibilidade de amplialo para os madrugadores (desde as 8, que sería gratuíto) e a última hora (ata as 15:30 horas, aínda que neste caso sería de pago – 20 euros por semana –). Podedes reservar tanto por semanas, quincenas ou 4 semanas e existen diferentes descontos, dependendo de se es socio/a ou non de Máis que Auga e unha vez feita esa diferenciación, tamén terás desconto dependendo do tempo que contrates.

 

Se o fas por unha quincena, terás un desconto do 10% e no caso de que sexa o mes (4 semanas), o desconto será do 15%. Ademais, se contrataches as catro semanas do mes de xullo, terás gratis a última semana de xuño. E, por último, tamén no caso dos irmáns/as existirá unha vantaxe económica: Terán unha rebaixa do 10%.

 

Aquí tes a táboa de prezos, para abonados e non abonados/as.

Non abonado/aPrezo
Semana campus125€
Quincena campus225,00 €
Cuatro semanas campus425,00 €
Semana irmá/án112,50 €
Quincena campus irmá/án202,50 €
Catro semanas campus irmá/án382,50 €
Abonado/a        Prezo
Semana campus100,00 €
Quincena campus180,00 €
Catro semanas campus340,00 €
Semana campus irmá/án90,00 €
Quincena campus irmá/án162,00 €

 

Se tes algunha dúbida, podes consultar na recepción de calquera dos nosos centros, onde tamén poderás contratar a praza para o teu fillo/a.