Actividades
CON MONITOR. INCLUÍDAS NO ABONO.
Duración: 45 minutos.
Duración: 45 minutos.
MQ FITNESS XOVEN
Nova actividade dirixida a adolescentes. Cada día poderán ir descubrindo un tipo de clase diferente (zumba, ciclo, pilates, TRX, etc.).
MQ PRE-PILATES
Actividade orientada á preparación para chegar a facer pilates na que se traballan os fundamentos básicos desta disciplina.
MQ ZUMBA
Actividade de carácter lúdico que combina o baile con coreografía.
MQ BIKE VIRTUAL
Actividade dirixida dende unha pantalla de INTENSIDADE MEDIA-ALTA con soporte musical que se executa sobre bicicletas estáticas.
BODYPUMP
É unha clase de tonificación con barra e discos na que se traballan todos os grupos musculares utilizando unha secuencia coreografiada de exercicios, para mellorar a forza e a resistencia. Programa apto para todo tipo de persoas que queiran pasalo ben adestrando, e adaptable a todos os niveis disminuíndo a carga. Consúmense unha media de 500 calorías.
MQ ESTIRAMENTOS
Actividade que consiste no traballo específico de flexibilidade de todo o corpo, e principalmente a musculatura tónica.
MQ AEROBIC
Actividade aeróbica coreografiada con soporte musical.
MQ MANTEMENTO SÉNIOR
Actividade cuxo obxectivo é o mantemento do estado de forma, pero dirixida especialmente para persoas séniors.
MQ LATINO
Actividade cuxo obxectivo é aprender a bailar os diferentes estilos de baile latino ( salsa, chachachá…).
BODYCOMBAT
É un programa de adestramento cardiovascular coreografiado e inspirado nas artes marciais. Os participantes realizan golpes, puñadas, patadas e katas, queiman calorías e consiguen unha maior resistencia cardiovascular. Este programa é apto para todos os niveis de condición física xa que o técnico ofrece sempre variantes mái sinxelas e de baixo impacto para que todos os participantes poidan adestrar. Gástanse unha media de 700 calorías.
MQ RUNNING
Actividade de carreira realizada ao aire libre na que se segue unha planificación anual coa preparación de diferentes carreiras populares como obxectivo.
MQ FITBALL-DRUMS
Actividade coreografiada con soporte musical utilizando os fitballs e as baquetas.
MQ ZUMBA XOVEN
Actividade dirixida a adolescentes de entre 14 e 17 años de carácter lúdico. Combina o zumba e a súa coreografía.
ZUMBA
Disciplina ( marca rexistrada) na que se bailan diferentes coreografías con ritmos como a salsa, o reguetón…
MQ BIKE
Actividade dirixida por un monitor de INTENSIDADE MEDIA-ALTA con soporte musical que se executa sobre bicicletas estáticas.
MQ STEP
Actividade con soporte musical na que se utiliza unha plataforma para a creación e realización das coreografías.
MQ GAP
Actividade dirixida cuxo obxectivo é a tonificación do tronco inferior ( glúteos, abdominais e pernas).
MQ BODY CROSS
Actividade de ALTA INTENSIDADE na que prima o traballo de forza.
MQ MANTEMENTO
Actividade cuxo obxectivo é o mantemento do estado de forma traballando forza, resistencia e flexibilidade.
MQ CORE
Actividade centrada na tonificación do core ( zona abdominal, parte baixa das costas e cadeira).
MQ CORE EXPRESS
Actividade centrada no traballo dos grupos musculares do tronco, da pelvis e das extremidades para o mantemento da estabilidade da columna vertebral e da pelvis) e que dura 30 minutos.
ABDOMINAIS EXPRESS
Actividade na que se realiza traballo abdominal específico.
MQ XTREM
Adestramento de forza e acondicionamiento baseado en exercicios funcionales constantemente variados realizados a unha alta intensidade.
MQ FITNESS EXPRESS
Actividades de 20 minutos realizadas e guiadas en sala Fitness con temática variable (dende un traballo de propiocepción a un traballo de flexibilidade…)
Actividades
Con abono
MQ ZUMBA KIDS
Actividade coreografiada dirixida a nenos de 4 a 14 anos, na que se divertirán e xogarán a través do baile.
MQ WODFFIT KIDS
Actividade lúdica para nenos de 4 a 14 anos para mellorar a axilidade e as capacidades físicas a través do xogo.
De pago
PILATES KIDS
Actividade que busca a mellora postural para nenos de 4 a 14 anos, de forma lúdica e divertida.
IOGA KIDS
Disciplina corporal e psicolóxica para nenos de 4 a 14 anos.
ZONA CARDIO
Cintas, elípticas, remos, bicicletas (horizontais, verticais e ciclo indoor).
ZONA TONIFICACIÓN MUSCULAR
Traballo distintos segmentos musculares (Tren superior e inferior).
ZONA PESO LIBRE
Bancos, gaiolas, cruces de poleas, barras e discos.
ZONA CIRCUÍTO HIDRÁULICO
Tren superior e inferior. Exercicios orientados á saúde dos maiores.
ZONA ESTIRAMENTOS
Colchóns, espaleira de madeira e esteriñas.