Dende o 21 de setembro de 2015 está en activo o terceiro centro deportivo de Máis que Auga en Vigo. Está en Navia, un barrio novo, xoven e moi deportivo. O novo Máis que Auga Navia está perfectamente conectado por circunvalación, autovía e autoestrada co resto da cidade e municipios cercanos.
Dispón dunha superficie de 16.000 metros cadrados e conta cunha sala fitness de 1.000 metros cadrados, a zona de auga con tres vasos, balneario urbano, oito pistas de pádel cubertas (de cristal panorámico), 4 salas de actividades dirixidas, gabinete de masaxes e nutrición, cafetería, unha pista multideporte e un aparcamento propio que será gratuito para os socios.