REGRESA A MÁIS QUE AUGA EL GALICIA AQUA SUMMIT

05/04/2022

O 23 de abril celebrarase en Máis que Auga Navia a terceira edición do Galicia Aqua Summit, un evento internacional que nos permitirá coñecer as últimas tendencias do fitness acuático.

 

Tras o parón obrigado en 2021 pola pandemia da  COVID,  Máis que  Auga volve apostar por este encontro, que naceu en 2019 co obxectivo de ser un evento de referencia do fitness acuático no noroeste de España. Desta forma, volveremos contar con especialistas a nivel mundial que nos permitirán coñecer tendencias que veñen doutros países. Este evento está dirixido aos profesionais de sector, aínda que na programación inclúese unha masterclass gratuíta para os nosos abonados (Coreo& Party, con Francisco Estevão, ás 20:15 horas), coa que pecharemos o encontro.

 

En que consistirá Galicia Aqua Summit? O encontro está dividido en tres grandes bloques (conferencias, talleres e masterclass), nos que contaremos cun profesorado internacional especializado. Nas charlas da mañá falaremos sobre xestión, pero tamén sobre cales son as dinámicas que mellor funcionan en Portugal e Alemaña. Posteriormente haberá dous  interesantísimos “workshops” sobre rehabilitación na auga (Dor de costas e ombreiros: recupere a mobilidade e a estabilidade para unhas costas e uns ombreiros fortes) e a natación creativa en bebés: “ Baby  Swimming”.

 

E finalizaremos con cinco masterclass moi variadas, nas que a última será a festa de despedida aberta aos socios e socias de  Máis que  Auga.

 

Na seguinte ligazón, poderedes ler o programa ao completo, horarios e profesores, así como toda a información sobre o Galicia Aqua Summit. Tamén poderedes realizar a inscrición no evento e lembrade que son prazas limitadas e que se vos inscribides antes do 10 de abril teredes un prezo reducido.

Por que Galicia Aqua Summit? Unha das “obsesións” de  Máis que  Auga como empresa, foi sempre a formación e a reciclaxe do persoal, nun sector que non deixa de cambiar e de innovar. Con esta visión naceu este evento pioneiro en Galicia, que nos permitirá aprender de grandes profesionais doutros países sen ter que desprazarnos. “Con Galicia Aqua Summit, o obxectivo é introducir en España tendencias que veñen doutros países, tratando de enriquecer os servizos deportivos que se imparten nas instalacións acuáticas. España é un país con moita tradición nas escolas de actividades acuáticas, clubs ou ámbito de saúde, pero non tanto no ámbito recreativo e fitness acuático. Por iso, en 2019 MQA comezou unha revolución na súa programación acuática e quere seguir avanzando neste sentido”, explicou o director xeral de  Máis que  Auga, Francisco Cortegoso.