GUÍA PARA COMER EN NADAL SEN REMORDEMENTOS

12/12/2023

Nadal é, normalmente, sinónimo de familia, festa, alegría, charlas, sobremesa… e comidas copiosas. Ademais, cada vez antes, comezamos cos excesos desde principios de decembro, porque primeiro chegan as comidas ou ceas co grupo de amigos, do traballo, dos ex compañeiros, o grupo do gym… É dicir,  imos ter un mes de decembro cheo de citas e, moitas veces, de comidas e bebidas excesivas que nos alteran.

 

Así que acudimos ao noso nutricionista de cabeceira, o responsable do gabinete de nutrición de Máis que Auga Navia Víctor Vázquez, e decidimos organizar unha charla para falar sobre todo isto. O título dio todo: “Comer en Nadal sen remordementos” e a cita é o mércores 20 de decembro ás 20:00 horas en MQA Navia (sala 6).

 

Pero para que xa vaiamos poñendo en marcha algúns dos consellos de Víctor, aquí ímosvos deixar unhas pinceladas das súas recomendacións, que se centran tanto na alimentación como na actividade física.

 

  • Pon o foco nos días nos que non haxa ningunha comida ou cea especial, para seguir coa túa alimentación normal, equilibrada e saudable.
  • Controla o consumo de doces deixándoos para as ceas ou comidas de celebración e non para todo o mes.
  • Limita o consumo de alcol para as comidas e ceas familiares.
  • Nas datas sinaladas, durante o resto do día, as comidas deben ser altas en proteínas e verduras, reducindo as cantidades de graxas e hidratos de carbono.
  • Aproveita as vacacións para facer actividades deportivas en grupo.
  • Mantente o máis activa posible a maiores dos teus adestramentos, realizando paseos ou actividades que inclúan movemento.

 

Son só unhas pinceladas que o día 20 Víctor ampliará e, ademais, responderá a todos os vosos interrogantes.

E para finalizar, queremos ofrecervos a receita dun turrón saudable e riquísimo que encantará a todas e todos.

 

TURRÓN “ESTILO SUCHARD” CON QUINOA INCHADA

Ingredientes:

–             300 gr de chocolate negro cun 80% de cacao

–             100 gr de froitos secos variados sen tostar nin salgar (abelás, améndoas, noces de Brasil, anacardios…)

–             20 gr de aceite de coco

–             7 dátiles

–             10-15 gr de bebida vexetal

–             Un puñado de quinoa inchada

Preparación:

  1. Acendemos o forno a máxima potencia para que se quente. Unha vez estea listo, meteremos todos os froitos secos e tostarémolos durante 10-15 minutos a 180-200 graos.
  2. Metemos en auga os dátiles e cando se humedezan ben, quitámoslle os osos.
  3. Nunha picadora, os trituramos ata conseguir unha pasta.
  4. Mentres esperamos, imos desfacendo o chocolate a baño maría.
  5. Unha vez listos os froitos secos, retirámolos do forno e deixamos arrefriar.
  6. Cando estean fríos, os trituraremos cun robot de cociña ou picadora.
  7. Unha vez lista a crema de froitos secos, engadimos a pasta de dátiles, a bebida vexetal, o aceite de coco e mesturamos.
  8. Cando todo estea mesturado, engadimos un puñado de quinoa inchada e removemos ben.
  9. Finalmente, enchemos os moldes, cubrimos con papel de filme e deixamos na neveira durante polo menos 2 horas. Pasado este tempo, retiramos, cortamos, compartimos e gozamos.