Zumba na auga: baila na piscina!

09/03/2017

A partir do día 15 de marzo en Máis que Auga Navia ofrecémoste zumba auga, unha actividade pensada fundamentalmente para que o pases ben, combinando  pasos de ritmos latinos cos  beneficios do exercicio acuático. Carlota Álvarez e Berto da Silva serán os encargados de impartir estas clases coreografiadas.

Queremos que teñades a oportunidade de probar as clases de xeito gratuito os días 15 e 16 de marzo. Para realizar a túa  reserva has de inscribirte no kiosko de actividades da instalación.  Non o deixes para moi tarde porque temos 60 plazas dispoñibles.  Qué beneficios che aporta a práctica de zumba na auga?

  • Tonificar os músculos
  • Mellorar a circulación
  • Incrementar a flexibilidade
  • O realizarse na agua disminuimos o impacto nas articulacións
  • Favorece a relaxación  y axúdanos a liberar tensións

Esta actividade é accesible a todas as idades e os horarios das clases  son:

Martes: 20.15h

Mércores: 10.15h

Xoves:  20.15h

Unha vez finalizada a semana de probas o prezo da actividade será  de 8,35 euros  para os abonados e de 16,65 euros para os que aínda non son socios. Xa ves que en Máis que Auga non paramos de darlle voltas á cabeza para conseguir darte cada vez máis.