ZENYO, UNHA ACTIVIDADE PARA CORPO E MENTE

19/11/2021

Esta tempada  Máis que  Auga presentou novas actividades nos nosos programas de fitness e hoxe ímosvos a presentar unha delas:  Zenyo. Para iso `coámonos´ na clase de Sandra Collazo no noso centro de  Coia, onde puidemos falar con varias socias e gozar da clase.

 

Seguro que hai xente que non coñece este programa, así que imos comezar pola presentación.  Zenyo é unha actividade con soporte musical na que se realizan posturas de ioga, tai-chi e  pilates, disciplinas que achegan aos usuarios unha mellora na súa postura corporal.

 

Sandra explícanos que “é unha actividade apta para todo tipo de usuarios, de idades e condicións físicas, sobre todo para aquelas persoas que necesitan mellorar a súa flexibilidade, equilibrio e a súa mobilidade articular”.

 

E ao preguntarlle polos beneficios, a nosa Sandra emociónase: “Moitos! Respiratorios, emocionais,  posturais, conciencia co corpo… Unha marabilla ao alcalde de todas e todos”. Ademais, esta actividade está incluída no abono de socio/a, polo que se queres probar, só debes reservar a túa clase.

 

E a verdade é que, ao acudir aos usuarios, a resposta tamén foi excepcional. Mónica Lamela, de 52 anos, non é asidua nas clases, pero enganchouse a  Zenyo: “eu son máis de sala fitness, pero…. Agora empecei con  Zenyo e encántame. Estiras moito e coñeces músculos que non sabías nin que existían”, chancea. Cando lle preguntamos se a clase é demasiado parada, salta como un resorte: “Para nada! É máis, fáiseme moi curta. Cando estás no mellor, toca despedirse”.

 

Carmen Mato é unha das nosas socias máis fieis, abonada desde o inicio en  Máis que  Auga e agora tamén fiel a  Zenyo: “é unha actividade que me encanta, porque ten un pouco de ioga, tai-chi e  pilates e trabállase moito a elasticidade”. Cos seus 73 anos, Carmen ten unha enorme vitalidade e apúntase a case todo: “Tamén vou a zumba,  aquagym,  pyro, a sala fitness e agora…  Zenyo!”. Só se queixa dunha cosa Carmen, “que ás veces non chego a tempo de reservar, tedes que poñer máis clases”.

 

E acabamos a nosa  mini enquisa con María Jesús Riveiro, de 59 anos, quen destacou da actividade que “facemos moitos estiramentos, traballamos a  postural corporal e o equilibrio” e como a moitos dos seus compañeiros, “a clase fáiseme curta, encantaríame que durase un pouquiño máis”.

 

Con música relaxante e os pés descalzos comeza Sandra a dirixir a clase, maioritariamente feminina, que goza de cada movemento e de cada estiramento, mentres nos escapamos sen facer ruído para non romper o ambiente máxico que se vive na sala.