En tu Gym Vigo de Máis que Auga, puedes disfrutar de nuestros servicios de fisioterapia

Xa podes reservar online a cita coa nosa fisioterapeuta

27/05/2016

A nosa páxina web mellora e aumenta os servizos aos nosos clientes. Unha das ferramentas que xa podes usar é a nova pestana de reservas, situada á beira do logo Máis que Auga. A través dela, ademais de poder acceder a contratación de pistas de pádel, ou darche de alta nas nosas instalacións, tamén se pode reserva cita coa profesional de fisioterapia de Máis que Auga.

Tan sinxelo como picar nesa pestana, poñer o teu nome e contrasinal, ou rexistrarche se non o estás xa, e acceder á zona de reservas, elixindo fisioterapia. Aí podes decidir, dentro das dispoñibilidades que che marque o calendario, qué día e a qué hora queres usar o servizo de fisioterapia. Máis fácil, imposible.

Natalia de Bourbón Fernández é a fisioterapeuta de Máis que Auga. Desde outubro, o servizo funciona como unha clínica ao uso, para socios e tamén para xente externa, nas instalacións de Navia. Unha oferta que cada día atrae a máis persoas dada a importancia dun fisioterapeuta para aqueles que se exercitan nos nosos centros, para todos os que practican deporte, e  tamén para calquera tipo de persoa en xeral. As súas mans son a solución a multitude de problemas físicos que lle expoñen no seu gabinete de Navia.