Wodfit, o exercicio máis demandado

19/07/2016

Os adestramentos de alta intensidade están moi de moda xa que, según os científicos, melloran a capacidade aeróbica, axudan a perder peso e reducen considerablemente a porcentaxe de graxa corporal. Por iso, o wodfit desde a sua posta en marcha no mes de outubro nas nosas instalacións de Barreiro converteuse na actividade máis demandada tanto por parte dos homes como das mulleres.

Esta clase de pago, instalada na moderna sala de box, consiste primeiro nun quecemento intenso para logo dar paso a un wod (exercicio) que varía en función do día. A actividade, que está en todo momento orientada por monitores, impártese de luns a xoves cunha duración total dunha hora. O prezo de wodfit para os abonados é de 8,10€ por un día a semana e, para os non abonados, é de 16,20€ pero si contratas dous días dispos inmediatamente de tarifa plana para todos os horarios ata agotar o límite de prazas.

¿Aínda non te sumaches a unha clase desta modalidade que combina a perfección alta intensidad e forza? Non perdas este barco de amplos beneficios porque en pouco tempo poderás notar resultados moi satisfactorios tanto físicamente como saudablemente.

De cara a semana próxima ábrese o prazo de inscrición para reservar esta actividade para o mes de agosto. Non hai que esquecer que no mes de setembro poderás desfrutar de toda a oferta, con novos horarios e algunhas novidades.