VIVE O VERÁN EN MÁIS QUE AUGA

29/06/2022
Chega o verán e con el novidades a Máis que Auga, que pasa ao horario de verán e cambia a programación de actividades, unha vez finalizou o “curso”. Pero iso non quere dicir que non teñamos unha oferta interesante para ti e os teus! Hai cursos intensivos de natación, para aprender a nadar nunha semana; campus para os máis pequenos da casa, e algunhas novidades que pasaremos a contarvos agora.

 

O primeiro será informarvos sobre os horarios do mes de xullo. De luns a venres abrimos de 7 a 23 horas, mentres que o sábado estaremos só en horario de mañá (de 9 a 14:00 horas). Na zona de auga (piscina, spa e sauna) o horario será de 7 a 14:30 horas e de 17:30 23:00 horas (de luns a venres).

Barreiro

En Máis que Auga Barreiro sabedes que no verán tedes un extra con ese magnífico solárium exterior, no que poder tomar o sol e descansar despois dunha intensa sesión de traballo. É unha zona moi agradable e tranquila, na que tanto poderedes gozar dunha charla con amigos/as como dun momento de relax lendo un libro ou escoitando música.

 

Pero se falamos de deporte, non podemos esquecer os cursos intensivos de natación, que se celebran durante o verán, pensando principalmente nos máis pequen@s, para que poidan ou ben aprender a nadar ou perfeccionar o estilo con esta semana intensa de traballo na auga, pero sen esquecer que é ten que ser unha clase divertida e produtiva para o crío.

Coia

En Coia tamén ides atopar os cursos intensivos de natación durante o verán e na auga, non podemos esquecernos de Aquagym e o curso perfecciona, que pasan a ser gratuítos durante o mes de xullo. Sen dúbida, unha gran oportunidade para coñecelos e ver se despois queredes continuar durante a próxima tempada.

 

En sala, continuamos, coas nosas clases habituais de zumba, zenyo ou power, entre outras, incluídas no abono e fóra del temos os grupos reducidos en minimax con diferentes obxectivos (costas sas, perda de peso…) ou os cursos de pilates e hipopresivos.

Navia

En el centro de Navia van a estrenar las actividades sub 20, ya que se está notando que los chic@s de edades comprendidas entre 14 y 20 años asisten cada vez más al gym y además les gusta entrenar en grupo. Y por ello, este verano, han querido ofrecerles la posibilidad de hacer las actividades de adultos, en muchos casos las que realizan sus padres, pero sin mezclarse con ellos.

 

Por ello, la idea es testar estas actividades en verano y ver la respuesta de los jóvenes, para decidir si se amplían las clases.

 

Otra de las novedades que se implantarán este verano es poner dos clases de niños consecutivas, con el objetivo de facilitarles a los padres poder entrenar, nadar o ir al spa, sabiendo que disponen de 90 minutos para ellos. Al igual que en el resto de la temporada, las actividades se dividirán en Kids (4 a 7 años) y Júnior (8 a 14 años)