Cada día estamos máis preto de ti

10/11/2015

Máis que Auga dispón para ti de tres grandes instalacións deportivas en Vigo, para que podas escoller a que mellor se axeite por ubicación ou polas túas necesidades: Barreiro, Coia e Navia. En Máis que Auga podes facer deporte e divertirte tanto nas salas de fitness, como nas diferentes actividades de seco, nas piscinas ou nas pistas de pádel (en Navia e Barreiro).

Temos sitio, horarios, diferentes tarifas e espazo dabondo para ti e os teus. Tres centros, 28.000 metros cadrados para a práctica deportiva, 6 piscinas, 3 balnearios urbanos, 16 pistas de pádel, unha sala box, xogoteca, un centro de ocio infantil… Todo atendido polos 120 profesionais e técnicos deportivos que a empresa viguesa pon ao teu dispor para coidarte, aprender e poñerte en forma.

A nosa oferta deportiva inclúe máis de 60 cursos diferentes, en moitos horarios, para todas as idades (nenos, adultos e maiores): Taekwondo, zumba, pilates, ioga, gap, step, tiro con arco, natación,… multitude de propostas que podes realizar baixo o asesoramento  dos nosos técnicos deportivos.

Accede cos seguintes enlaces aos nosos horarios, cursos ou tarifas. Tamén podes facerte socio ou reservar pista online.