Técnico de sala fitness atendiendo a un usuario en un gimnasio de Vigo

Viaxa por Máis que Auga co Pass-Sport

14/12/2016

Es socio de Máis que Auga e aínda non coñeces a fondo cada unha das nosas instalacións? Pois para poñerlle remedio vimos de crearte un pasaporte especial para ti: O Pass-Sport permíteche realizar diferentes probas durante un período de catro semanas e así coñecer algúns dos nosos servicios que se cadra nunca tiñas probado.

Queremos que lle saques o máximo rendemento a todo aquelo polo que estás pagando: por eso te propoñemos unha viaxe deportiva que implica probar tamén outras instalacións. O Pass-Sport é só para abonados e por suposto de balde.

Cómo funciona? Cada vez que realices a proba proposta os nosos técnicos selarante o pasaporte. Cando consigas selar todas nas catro semanas establecidas recibirás un agasallo e pasas xa ao seguinte pasaporte no que sube a dificultade pero tamén o valor do premio. O Pass-Sport ímolo renovando cada tres meses.

Pode haber probas que impliquen ir a outra instalación, non hai problema: podes  acceder mostrando o pasaporte e así  coñeces cómo son os outros centros Máis que Auga dos que non es socio.

Algunhas das probas de este primeiro pasaporte son tan sinxelas como abrir un perfil en training gym ou validar unha sesión de adestramento. Tamén hai outras probas como unha clase de fitness express ou completar un circuito de spa. Así que a viaxar!!!