Reiniciamos os Xogos Deportivos Vicus Spacorum

13/09/2016

O evento lúdico e deportivo Vicus Spacorum reiníciase e se celebrará a vindeira fin de semana, o sábado 17 e o domingo 18.

Gustaríache viaxar ao pasado e participar nas probas deportivas que estaban de moda en tempos dos romanos?
Máis que Auga invítache a formar parte do popular evento de ambientación histórica Vicus Spacorum, impulsando a primeira edición dos Xogos Deportivos Vicus Spacorum os días 10 e 11 de setembro.

O denominado Circus Máis que Auga é un recinto dentro do parque de Navia con máis de 5.000 metros cadrados de superficie para albergar diferentes probas lúdico-deportivas, ambientadas en clave de época: transporte de compañeiros, tracción de alpacas, circuíto de axilidade, equilibrio, transporte de sacos, reptar, proba de cálculo e unha proba sorpresa para os adultos.

Inscribe ao teu equipo

Os equipos participantes teñen que inscribirse previamente e os prezos son:

  • Adultos 12€ (6€ para socios de Máis que Auga)
  • Nenos (8 a 14 anos) 3€ (1,50€ para socios de Máis que Auga)

Organización e premios

Os adultos participan o sábado 17 de setembro de 10.00 horas a 14.00 horas organizados en equipos mixtos (entre 4 e 6 persoas). Os nenos concursan o domingo 18 de setembro, tamén de 10.00h a 14.00 horas. As probas para os cativos realizaranse de forma individual e diferenciadas por categorías de idade (de 8 a 10 anos, de 11 a 12 anos e de 13 a 14 anos) e son semellantes ás dos adultos con pequenas adaptacións.

Todos os nenos que participen recibirán unha medalla de premio. Para os adultos, o reconto final dos puntos conseguidos en cada proba proclamará aos tres primeiros grupos clasificados que recibirán as correspondentes medallas de ouro, prata ou bronce.

Os membros do equipo adulto campión recibirán, ademais, un bono para un mes gratuito nun dos tres centros de Máis que Auga en Vigo. Haberá tamén premio para os membros do equipo mellor caracterizado, que recibirán un curso de balde de pádel ou de piscina.

Os botóns que figuran a continuación dan acceso aos formularios de inscrición e tamén a documentación informativa sobre o evento e as probas. Hai tamén un cupón con desconto no disfrace para vestirvos de época.