A VENTILACIÓN E O TEMPO DE EXPOSICIÓN, CLAVES NA POSIBILIDADE DE CONTAXIO DA COVID-19

01/11/2020

Interesantísimo este artigo de El País, sobre como se contaxia a Covid-19 polo aire, principalmente en espazos pechados. Os científicos xa recoñecen que o virus se contaxia polo aire, pero hai moitos factores que inciden nas probabilidades: A ventilación (natural ou mecánica) é fundamental, igual que o tempo de exposición e o feito de levar máscaras.

 

Neste artigo, analízase como se contaxia en sitios pechados tales como unha vivenda familiar, un bar ou unha clase, cambiando as variables. E queda demostrado o importante que é o tempo de exposición ao virus, así como o uso de máscara e a ventilación do espazo.

 

Na seguinte ligazón poderedes acceder a este artigo de El País, que é moi ilustrativo e analiza  os distintos supostos cun simulador desenvolvido por un grupo de científicos, liderado polo profesor José Luis Jiménez (Universidade de Colorado), creado coa intención de mostrar a importancia dos factores que obstaculizan o contaxio por aerosois.

E que nos queda claro tras a súa lectura? Que Máis que  Auga é un lugar seguro xa que conta cun sistema de aire climatizado que funciona por “depresión”, aspirando o aire e renovándoo. Ademais, as estancias nas diferentes salas son curtas. No caso dunha clase, a duración é de 45 minutos, polo que os riscos son mínimos, e moito máis ao manterse a distancia de seguridade interpersoal e estar sempre activo o sistema de renovación de aire.

 

Todo iso vén reforzar a nosa confianza en que Máis que Auga é un centro seguro. Para iso traballamos cada día e contamos coa colaboración de todos os nosos clientes. Os datos de contaxio en centros deportivos son case inexistentes e con todo, pola contra, o deporte é fundamental neste complicado proceso que nos tocou vivir. Non nos imos cansar de repetir que a actividade física é parte da solución. O noso organismo necesita facer deporte para reforzar o sistema  inmunológico e poder combater o virus se fose necesario.