VEN FACER DEPORTE AO AIRE LIBRE CON #OUTEXPERIENCE!

27/10/2021

É algo que facemos dende hai tempo e ademais con cada proposta, a resposta é sempre excepcional. Por iso, nos últimos meses non deixamos de sumar novas “experiencias” ao aire libre, e cada vez a programación é máis completa e extensa. Así que imos presentarvos #OUTEXPERIENCE, unha maneira diferente de facer actividade física ao aire libre e en comunidade.

 

Comezamos, hai moitos anos xa, co grupo de running, que segue fiel aos seus encontros todos os luns, mércores e venres. Superaron unha pandemia e dende que volveron abrir os centros, recuperaron os seus hábitos, aínda que, evidentemente, adaptados ás complicadas circunstancias nas que nos atopabamos. Antes da COVID-19 había unha serie de probas marcadas en verde todos os anos, agora, que xa volveron correr a Castrelos, pensan na Medio Maratón de Vigo, pero indo pouco a pouco.

 

Tralo grupo de running, xurdiu o de Travesías, para aqueles que atopa na auga o seu hábitat natural. Tamén disfrutan dos adestramentos nas piscinas dos nosos centros, pero o mellor chega no verán, cando saen á praia e poden competir en diferentes Travesías. Aquí tamén, tralo parón obrigado pola COVID, irán retomando obxectivos.

 

E seguimos medrando. Después chegaron as andaínas, a marcha nórdica, o Camiño de Santiago e hai só quince días escomenzamos cunha saída de bici de montaña!

 

Así que pensamos que todas estas actividades ben se merecían un nome (#outexperience) e un calendario. Comezamos coa programación deste último trimestre do ano, na que teredes un pouco de todo: Travesías, running, andainas, marcha nórdica, Bici BTT e Máis que un Camiño. Busca a actividade que máis che guste e súmate a nosa familia #outexperience!

Se queres sumarte ao #OUTEXPERIENCE so tes que preguntar aos nosos técnicos en calquera das nosas instalacións e poderán informarte sobre as diferentes alternativas e como incorporarte a estas experiencias nas que aunamos deporte, natureza, amizade e bo humor.