VEN COÑECER O PADEL NA SEMANA DE PORTAS ABERTAS DE MÁIS QUE AUGA!

04/01/2023

Un xaneiro máis, a Academia de pádel Máis que Auga comeza o ano coa celebración da Semana de Portas Abertas. É unha oportunidade única para que aquelas persoas ás que lles atraia o pádel, pero que aínda non o coñezan, poidan ter o seu primeiro contacto con este deporte de forma gratuíta. Así, do 16 ao 21 de xaneiro celebrarase, nas instalacións de Barreiro e Navia, a Semana de Portas Abertas para nenos (a partir de 7 anos) e adultos. O único requisito, inscribirse e iso si, debedes facelo canto antes, porque son prazas limitadas!

 

Estas clases gratuítas están dirixidas a todo tipo de público, desde aqueles que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados, que queiran coñecer a metodoloxía de traballo da Academia MQA. Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados, que vos permitirá coñecer o noso método e achegarvos a un deporte que levanta paixóns. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, seleccionando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.

 

Na seguinte ligazón podes reservar a túa clase.

Máis que Auga comezou celebrar a Semana de Portas Abertas en 2011, cunha media de participación de preto de 200 usuarios/as. Ao longo destes máis de dez anos, foron moitas as persoas que pasaron polas nosas instalacións, e tamén moitas as que se engancharon a este deporte social, que está ao alcance de todas e todos porque para comezar a xogar e gozar non é necesario ter unha gran forma física.

Así que, se queres dar os teus primeiros golpes coa pa na Semana de Portas Abertas, reserva a túa clase canto antes, porque son prazas limitadas. Non necesitas ter pa propia, prestaranche unha na propia instalación. Ti só terás que vir con roupa e calzado cómodos para facer deporte e moitas ganas de pasalo ben.