Ven cociñar connosco a Máis que Peques

22/01/2016

O sábado 30 de xaneiro (de 11.00 h a 12.30 horas)  celebraremos no centro de lecer infantil Máis que Peques de Navia o taller familiar Xuntos cociñamos.

Esta actividade está dirixida a todo o núcleo familiar e será impartida por unha monitora especializada no lecer en familia. Con este taller os nenos e nenas aprenderán a valorar a necesidade de ter unha alimentación equilibrada  e gozarán cos seus pais dunha actividade que lles unirá e que lles fará sentirse útiles nas tarefas da casa.

Todos os interesados en participar neste curso poden inscribirse aquí antes do  día 28 de xaneiro. O custo por familia abonada será de 6,25 euros e de familia non abonada de 14 euros.

Esperámosvos coas mans na masa!