Uns 500 nadadores rétanse cada día co crono

09/06/2016

Cada día, nas tres piscinas que Máis que Auga ten en Barreiro, Coia e Navia, unha media de 500 persoas téntanse superar a si mesmas realizando probas cronometradas en busca da súa mellor marca.

Non se trata de profesionais, nin de nadadores de clubes ou equipos de competición. Son os cursillistas de Máis que Auga que, desde hai varias semanas, animáronse a participar nun dos retos que se lles expuso: medirse ao crono e mellorar as súas marcas. Unha iniciativa que chamamos ¿Aceptas o reto?.  Unha forma de motivación extra que mantén un nivel de participación moi alto entre os nosos nadadores.

As mellores marcas, segundo as diferentes categorías, xóganse este mes a posibilidade de ser os premiados finais da iniciativa, que transcorre en paralelo ao programa Máis que Retos que se desenvolve quincenalmente con diferentes probas nas salas de fitness.