A Universidade de Vigo ten o seu sitio en Máis que Auga

12/09/2019

Máis que  Auga e a Universidade de Vigo acaban de asinar un convenio de colaboración, a través do cal todos os membros da comunidade universitaria dispoñerán de importantes descontos nos servizos ofrecidos en  Máis que  Auga Barreiro e  Coia.

 

Este acordo entre a área de Benestar, Saúde e Deporte da  Universidade de Vigo e os centros  Auga Vigo  Xestión Deportiva, ofrecerá a alumnado, profesorado e empregados da Universidade descontos e ofertas exclusivas.

 

A oferta non ten limitación nos horarios dos dous centros ( Coia e Barreiro) e ao ser abonado, aquelas persoas que contraten o servizo, poderán acceder ás piscinas en baño libre, ao spa urbano, sala de fitness con adestramento básico personalizado, acceso libre a máis de 50 actividades dirixidas á semana en seco e auga, ademais de contar con desconto na reserva de pistas ou cursos de pádel. Ademais recorda que @s noso@s técnicos estarán sempre para axudarche e guiarte na túa incursión en Máis que Auga e o deporte.

 

Comeza o curso académico e o momento de traballar duro, e nesta tarefa tamén é importante estar en forma, gozar de  hobbies e desconectar. Así que  corre a  Máis que  Auga  Coia ou Barreiro e, presentando a túa tarxeta universitaria, terás grandes descontos na túa contratación como abonado.

Pregúntanos, asesorámosche sen compromiso!