Unhas dúas mil persoas participaron en Máis que un Plan 2019

02/02/2020

Máis que un Plan pechou a última tempada con máis de 40 actuacións  celebradas durante o ano e uns 2.000 participantes.  Máis que un Plan é un programa de actividades que nace polo compromiso que adquire Máis que Auga coa sociedade viguesa para promover o deporte e os hábitos saudables entre as e os nosos usuarios.

 

Así, a tempada pasada neste plan social realizamos máis de 40 accións, unha oferta diferente e excluída da programación diaria de Máis que Auga, e que boa parte delas desenvólvense fóra das nosas instalacións.

 

Neste programa temos desde andaínas polos montes de Vigo, masterclass, carreiras de running, travesías no mar, charlas sobre nutrición, competicións… Propostas diferentes nas que se poden combinar deporte, natureza, familia, lecer e saúde.

 

Entre as nosas propostas do pasado ano destacan as masterclass ou clases especiais, nas que participaron máis de 400 persoas. As materias foron moitas e variadas, como hipopresivos, ioga, danza oriental, bailes…

 

En natación propuxemos campionatos que sempre son seguidos polos nosos usuarios con moito interese. Así, celebramos un campionato intercentros de natación no que participaron máis de douscentos nenos e nenas das nosas escolas, e tamén o 100 x 100 remudas de natación, con 120 participantes.

 

As presentacións de cada nova coreografía de Lessmills, Body Pump e Body  Combat son sempre todo un éxito, cunha gran acollida por parte dos nosos usuarios, que participan de forma masiva.

 

Tamén se merece un apartado especial Ciclauga, unha actividade diferente, na que se combina a bicicleta coa natación e que se realiza na instalación de Coia. Cada competición significaba un “completo” nas prazas existentes e enormes ganas de repetir para a seguinte.

 

Os nosos grupos de running e de travesías nacen precisamente en Máis que un Plan, e son sen dúbida un gran expoñente da filosofía de Máis que Auga. Estes grupos, que adestran cos nosos técnicos fóra das instalacións, participan en carreiras e travesías durante todo o ano, mostrando sempre o seu ansía de superación e a súa alegría alí onde van.

 

E non podemos acabar sen destacar a magnífica resposta dos nosos usuarios ás diferentes charlas que fomos organizando ao longo do ano 2019. As temáticas estaban relacionadas coa saúde (osteoporose e adestramento; a saúde da muller e do perineo) e a alimentación (desmontando mitos alimentarios, taller de interpretación da etiquetaxe dos alimentos), principalmente, e o certo é que foi un pracer ver a sala chea cada día.

 

A vosa resposta a cada proposta que realizamos, así como as vosas inquietudes, que en numerosas ocasións pedídesnos actuacións concretas, anímannos a seguir traballando en buscar unha programación atractiva para  Máis que un Plan. Así que non nos queda máis que pedirvos que non vos perdades as próximas actividades!