Unha brazada saudable

28/07/2016

Acotío acudimos a unha piscina, tanto cuberta como ó aire libre, para desfrutar do deporte que máis nos move. Pero a maioría das veces descoñecemos os beneficios que nos aporta unha brazada saudable, é decir, a natación.

A natación é un exercicio no que se traballa un total de 600 músculos e a súa vez tonifica toda a masa muscular. A posta en practica deste deporte provoca beneficios cardiovasculares así como mantén tanto o corazón coma os pulmóns saudables. Non só favorece o corpo senon tamén a mente xa que elimina as tensións, permitindo así que a mente quede en branco.

A principal ventaxa desta actividade é que aporta unha mayor movilidade articular sen que haxa risco de sufrir algunha dor polo que xeralmente se aplica con fins curativos, é o que se lle denomina natación terapéutica. Aporta beneficios na osteoporosis, nos accidentes cardiovasculares, na readaptación cardíaca, nos infartos, nas enfermidades reumáticas ou na tendinite. Tamén, é un deporte efectivo no caso de sufrir unha lesión deportiva.

Dentro da natación hai dúas clasificacións en relación ao seu uso máis recreativo e a alta competición. No tocante a primeira, reduce a presión arterial e disminúe a frecuencia cardíaca ó realizarla de xeito correcto, é decir, sen superar o 85% da nosa frecuencia cardíaca. No outro extremo, con sesións dobres encontramos a natación de alta intensidade.

En Máis que Auga apostamos por dedicar unha pista a cada tipo de natación que se vaia a realizar, é decir, hai unha para relax, outra para os que van máis rápidos…así como existen actividades como o Aquagym ou o MQAquaTraining. ¡Todas as opcións aportan grandes beneficios para a saúde!