UN VERÁN MÁIS, QUEREMOS FORMAR PARTE DA VOSA VIDA

21/06/2021

Chega o verán e con el a proposta de Máis que Auga para que nestes meses de calor teñades diferentes e divertidas opción nas nosas instalacións. Como xa fixemos o pasado ano, non imos pechar ao mediodía! Queremos ofrecervos un amplo horario para que poidades combinar as vosas actividades sen ter que renunciar a unha clase en sala, ou un mergullo na piscina ou un partido de pádel.

 

Temos moitas opcións de ocio para todas as idades e gustos e ademais a maior parte das clases están incluídas no abono, polo que non teredes que facer desembolsos a maiores e gozaredes dunha ampla oferta deportiva.

 

Horario:  Os tres centros abrirán de forma continuada de luns a venres durante 16 horas  (de 7:00 a 23:00 horas), mentres que os sábados o horario será de mañá (de 9:00 a 14:30 horas). Os domingos, sempre permanecerá aberta unha das nosas instalacións de 9 a 14:30 horas: Navia, do 1 ao 31 de xullo; Barreiro do 1 ao 15 de agosto e Coia do 16 ao 31 de agosto, para que os abonados poidan desprazarse á que permanezca aberta. Cando se produzan os peches tanto parciais como totais da zona de auga (para o seu mantemento anual obrigatorio), as e os socios poderán acudir ás outras instalacións.

Barreiro: No noso centro de Barreiro contarás cunha ampla variedade de actividades en sala, incluídas no abono (en total 28 á semana, ademais de 32 de fitness express) entre as que podemos destacar MQlatino ou MQmobilidade, que serven para amosar a variedade de estilos e de públicos aos que se chega. En auga, non podemos esquecer os cursos intensivos de natación semanais, con cinco clases de 45 minutos de duración, que xa tivemos outros veráns e que tan bos resultados ofrecen para os nosos pequenos (son actividades de pago). E por suposto, as pistas de pádel, xa que no verán temos máis tempo para estar cos nosos amigos/as e xogar un partido.

A continuación tedes a programación para que poidades consultar os horarios e elixir as mellores opcións para vós.

Coia: No noso centro de Coia queremos destacar a estrea da actividade de auga Pool Action, adicada aos xoves de 12 a 17 anos, gratuíta para as e os nosos abonados, que disporán dunha actividade máis nesta franxa de idade. Ademais, os cursos de Aquagym ou Aquapilates, sempre tremendamente demandados e ainda máis no verán. Isto é na piscina, pero que vos preparamos na sala? Tamén unha enorme variedade, tanto para adultos como nenos e que van dende estiramentos, a marcha nórdica ou bodycross. En total, 32 actividades de libre acceso (4 para nenos), ademais de 32 de express.

Navia: Na nosa terceira instalación, as cousas son moi similares, cos cursos de piscina intensivos (estes si son de pago), pero con AquaFlash, Aquagym ou Master, incluídas no abono. E na sala? Un pouco de todo e para todas as idades, porque para os máis pequenos temos Zumba Kids, Wodfit Júnior; pero continuamos con Zumba, Gap, Step ou Bodypump para os adultos e estiramentos ou mantemento, para aqueles que queiran algo máis relaxado. E por suposto, xa dende a sala fitness, podedes ver o noso centro de pádel, onde teredes a posibilidade de reservar pistas cos amigos ou apuntarvos aos cursos que estarán en marcha durante o verán.

Campus de verán: Tralo éxito do campus para o mes de xullo, decidimos abrir inscrición para agosto por petición popular. Será para nenos de 3 a 12 anos, nas nosas instalacións de Navia (do 2 de agosto ao 3 de setembro). Podedes reservar por semanas, quincenas ou todo o mes e o horario é matinal. Se queres saber máis do campus, non dubides en solicitar información na recepción dos nosos centros.