Un Nadal cheo de actividades para os nosos peques!

17/12/2019

O Nadal é sen dúbida algunha unha das vacacións máis fermosas para as e os máis pequenos da casa. A emoción das comidas familiares, as iluminacións navideñas, as numerosas actividades deseñadas para eles, as chegadas de Papa Noel e os Reis Magos… Moitas emocións e moitos grandes momentos.

 

E mentres os cativos son os máis felices, os maiores teñen máis problemas para compaxinar o horario laboral, co calendario escolar. Así, dende Máis que Auga queremos darvos diferentes opcións para que as e os nosos nenos gocen ao máximo destas festas.

 

Como todos os anos poremos en marcha o noso Campus do Nadal (en Navia e Barreiro) para as semanas do 23 ao 27 de decembro e do 30 de decembro ao 3 de xaneiro (excluídos os festivos 25 de decembro e 1 de xaneiro).

Temos dúas opcións: Os Campus Multideporte Máis que Auga para nenos de 7 a 14 anos en Navia e de 4 a 14 anos en Barreiro, e ademais, para os más pequerrechos (de 3 a 6 anos), en Navia ofrecemos o Campus Máis que Peques. Coma sempre, os vosos fillos/as estarán nas mellores mans, xa que contamos con técnicos profesionais que lograrán que o gocen de cada momento ao máximo. Recordade que nos nosos campus o deporte será o gran protagonista, de forma que as e os cativos terán piscina, pádel e actividades de multideporte, aproveitando as marabillosas instalacións das que dispomos.  Para pechar cada semana de campus, os venres contaremos cunha gran actuación infantil  (o Mago Popín e contacontos Codia e Miolo).

 

Se precisades un horario máis extenso, podedes engadir o suplemento de Madrugadoiro (de 8.00 a 9.00 horas) e tamén o de horario ampliado (de 14.00 a 15.30h, excepto o día 24). O prezo, a partir de 85 euros e hai descontos para irmáns.

Consulta as condicións nas recepción dos nosos centros!

 

ACTIVIDADES DO NADAL PARA OS PEQUES

 

Pero aínda hai máis! Do 20 ao 27 de decembro, organizamos nos tres centros Máis que Auga actividades de Nadal para os máis pequerrechos/as da casa. Teremos de todo: Visita de Papa Noel nos tres centros, talleres, espectáculos, cine… Non os perdades nada!

Ademais, Papa Noel pasou por Máis que Auga de forma anticipada, e así como agasallo para as e os nenos socios de Máis que Auga estas actividades serán de balde!!! Para os non socios, o custe será de 1,5 euros por actividade. Si queréis acudir, sólo tedes que apuntarvos nas recepcións dos centros ata o mesmo día da actividade (ata encher o aforo).