Un experto internacional nos obradoiros de Tai-Chi en Navia

08/05/2018

A finais de abril tivo lugar no centro Máis que Auga de Navia unha sesión de formación de Tai-Chi coa participación de máis de 50 persoas en total.

Os distintos obradoiros realizados polo recoñecido mestre internacional Tary Yi versaron sobre movementos específicos do estilo Sun e o estilo Yang. Os participantes eran alumnos e profesores de Tai-Chi.

As sesións organizadas pola nosa técnico de Tai-Chi Nuria Álvarez e Alfonso Solla, profesor local desta especialidade coordináronse a través da escola Instituto Deyin Taijiquan en España.

Máis que Auga colabora con este tipo de actividades ofrecendo a posibilidade de alugar espazos nas súas instalacións para o seu desenvolvemento nas mellores condicións.