UN ESTUDO REALIZADO EN ESTADOS UNIDOS CONFIRMA QUE É SEGURO FACER EXERCICIO NO XIMNASIO

24/09/2020

Confiamos nas medidas implementadas nos nosos centros. Contamos coa vosa complicidade para que se cumpran e sexan efectivas. Sabemos que, aínda que o risco cero non existe, estamos a facer as cousas ben, pero cando atopamos un informe que nolo confirma, gústanos compartilo convosco.

 

Hoxe traémosvos un estudo realizado en Estados Unidos. Despois de analizar millóns de datos de rexistro de socios en 2.873 ximnasios, clubs deportivos e centros boutique durante tres meses, confirman que “as instalacións relacionadas con fitness son seguras e non contribúen á propagación da COVID-19”.

 

Desde o 1 de maio ata o 6 de agosto de 2020, IHRSA (Asociación Internacional de Saúde, Raqueta e Clubs Deportivos) e MXM (unha empresa de tecnoloxía especializada no seguimento de socios dentro da industria do fitness) examinaron e compararon os datos de rexistro dos socios de varias instalacións deportivas, con taxas de infección informadas. Despois de case 50 millóns de controis, o estudo atopou que un 0,0023 por cento deu positivo por COVID-19 e ademais non hai evidencias de que o contaxio tivese lugar no ximnasio.

 

O presidente de  IHRSA, Brent  Darden, afirmou que “os datos de rexistro demostran que os clubs relacionados coa saúde, cando seguen estritos protocolos de limpeza e seguridade, son seguros. En IHRSA, temos a responsabilidade de educar e informar as persoas que deben sentirse cómodas e seguras ao ir ás instalacións de fitness neste momento por todo o país. Os datos mostran que, cos protocolos de desinfección adecuados, as persoas poden regresar con seguridade ás súas rutinas de adestramento”.

 

Darden insistiu na necesidade de practicar deporte, hoxe máis que nunca: “Facer exercicio nunca foi máis importante para axudar a estimular a nosa inmunidade e mellorar a saúde mental. A actividade física xoga un papel importante non só no mantemento dun sistema inmunolóxico saudable, senón tamén na redución dos factores de risco do COVID-19 como a obesidade, as enfermidades cardíacas, as enfermidades pulmonares e a diabetes”.

 

Podes ler o artigo ao completo na seguinte ligazón: