UN ESTUDO CONFIRMA QUE OS XIMNASIOS SON UN ESPAZO SEGURO

02/07/2020

Sabiamos que as medidas de prevención que estamos a adoptar en Máis que Auga son as correctas e que se todos as respectamos, a seguridade dos nosos usuarios e traballadores está garantida. É algo do que estamos seguros en todo o sector e que agora ven confirmar un estudo independente de investigadores da Universidade de Oslo, que recoñece que non existe ameaza algunha dunha maior propagación do COVID-19 nos centros deportivos.

 

Desta forma un equipo de investigadores da Universidade de Oslo dirixido polo profesor Michael Bretthauer investigou a propagación do COVID e se estaba relacionado coa apertura e asistencia aos ximnasios. A conclusión, segundo explicou Michael Bretthauer, é rotunda: “O noso ensaio demostrou que a transmisión do virus ou o aumento da enfermidade do COVID-19 non están relacionados coa apertura das instalacións deportivas”.

 

Este foi o primeiro estudo realizado en Europa con máis de 3.000 persoas, que accederon a centros deportivos e aos que se lles realizou dúas probas PCR (despois de dúas e de tres semanas). Entre todos os individuos que pasaron os test só se rexistrou un positivo que, despois de facer o seguimento, se revelou que esta persoa fora infectada no seu lugar de traballo. Ademais, no caso dos traballadores (91 en total) tampouco houbo positivo algún.

 

Unha vez máis a clave está no cumprimento das normas establecidas por sanidade: moita hixiene e distanciamento social, que parecen as mellores armas contra o COVID-19. Por iso, non temos que relaxarnos coas medidas de seguridade, pero podemos acudir ás instalacións deportivas sen medo.

 

Neste enlace, tedes o artigo de CMDSport sobre o devandito estudo.

En Máis que Auga, moi por debaixo do aforo máximo

 

Sabendo que o distanciamento social é unha das claves do éxito, queremos recordarvos que en Máis que Auga nesta nova etapa, dende a reapertura, o nivel de aforo que estamos a ter se atopa moi por debaixo do máximo permitido polas autoridades sanitarias (un 75% do aforo habitual).

 

Así, nestas dúas primeiras semanas, non chegamos en ningún momento e en ningunha das nosas instalacións ao 50% da ocupación permitida.

 

En Coia, só na franxa horaria de 11 a 13:00 chegou a ocupación ao 40% do aforo permitido, mentres que a media estaba entre o 20 e o 30%. No caso da piscina, a utilización é aínda menor, e so ronda o 20% no horario de maior presenza de usuarios (de 19 a 20 horas).

 

Coia foi o centro con maior porcentaxe de asistencia. En Navia, en ningunha hora se superou o 25% na sala fitness e a piscina non chega nin ao 10% no horario de máis visitas. Barreiro ten uns porcentaxes moi similares aos de Navia. A asistencia á sala fitness só chega ao 25% do permitido ás 18:00 horas, mentres que na piscina a hora de máis visitas é ao mediodía, pero non alcanza o 20% (é dun 18%).

 

Así que podedes achegarvos ata as nosas instalacións con total tranquilidade, sabendo que poderedes manter as distancias sen problema algún e coa confianza de que dende Máis que Auga adoptou todas as medidas de seguridade, tanto en material de limpeza e hixiene, como de distancia (tanto na sala fitness, las actividades de seco ou na piscina).