Un equipo de premio!

12/11/2017

A campaña de comunicación Equipo con impulso de Máis que Auga acaba de recibir o primeiro premio da Comunicación de Galicia ao mellor traballo de comunicación interna, pola posta en valor dun equipo de 120 profesionais que cada días atenden personalmente aos seus clientes. Equipo con impulso recibiu, na gala dos Premios de Comunicación e Márketing de Galicia, o premio Paraugas 2017 ao mellor traballo de comunicación interna do ano.

Dende o primeiro momento, o proxecto Equipo con impulso, creado por Punto GA Comunicación, apostou por poñer en primeiro plano o valor do grupo de profesionais que traballan en Mais que Auga e reforzar o seu valor diferencial e apreciado polos clientes, fronte a outro tipo de modelos de atención aos usuarios.

O traballo baséase na interacción entre os profesionais de Máis que Auga e os seus clientes, como símbolo de enerxía en acción. O impulso deste equipo humano e profesional é o que nos leva adiante cada día e desde aquí queremos agradecer ao Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia o  recoñecemento aos profesionais de Máis que Auga e ao seu esforzo diario de atención aos seus usuarios.

Sabes que podes coñecer e interaccionar cos profesionais de Máis que Auga cada día nos tres centros deportivos de Vigo ou nesta web, na pestana Equipo