UN ANO MÁIS, O CONCELLO DE VIGO RECOÑECE A MÁIS QUE AUGA POLO SEU APOIO AO DEPORTE VIGUÉS

11/04/2024

Un ano máis, Máis que Auga foi unha das empresas viguesas homenaxeadas polo Concello de Vigo en agradecemento ao seu apoio ao deporte da cidade. Este galardón satisfai enormemente a Máis que Auga xa que significa que está a cumprir co seu compromiso de mellorar a sociedade viguesa, a través da súa aposta polo deporte e a promoción de hábitos saudables.

 

Este recoñecemento, que se celebra desde hai xa varios anos, converteuse no acto previo principal á Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, que este ano é moi especial xa que celebra o seu 25 aniversario. No acto presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, premiouse a unha vintena de empresa, e o máximo rexedor vigués agradeceu a resposta destas co deporte, defendendo que esta alianza da administración local e as empresas, é o mellor horizonte para o deporte vigués “polo que de unión significa”, ademais de incidir en que “o deporte é cada vez máis importante nesta sociedade que ve cada vez máis cara ao lecer”.

Desde o seu nacemento, Máis que Auga entendeu que o seu compromiso coa cidade vai máis aló de ser un centro deportivo, e entre os seus acenos de identidade figuran a promoción do deporte, dos hábitos saudables e da interacción social a través do deporte. Ademais, nestes máis de 13 anos de vida, a empresa colaborou e/o colabora con moitas entidades deportivas (Celta de baloncesto feminino, Amfiv en cadeira de rodas…), eventos (Carreira Calvario 5+5 ou Vigo +11) e deportistas a nivel individual, como Antonio Serrat, Esther Navarrete ou José Antonio Saavedra, entre outros.