UN ANO DE GYM GRATIS PARA TERESA E SUSY!

22/02/2023

Cando un está de aniversario celébrao coa súa familia e amigos e iso foi o que fixemos en Máis que Auga! A nosa familia sodes vós e apostamos por un sorteo para celebrar os doce anos de vida de MQA Coia e Barreiro. Así que había un premio por cada centro dun ano de gym gratis! Un premiazo e iso viuse reflectido no seguimento do concurso que fixemos a través de Instagram, con case 1.000 participacións.

 

O luns realizamos o sorteo e as gañadoras do ano de ximnasio gratis son Teresa Vázquez e Susy Trigo, que pasaron da incredulidade á alegría total cando nos puxemos en contacto con elas para comunicarlles que foran as gañadoras do sorteo.

 

Así que quixemos coñecelas un pouco máis e presentárvolas, por que elas son familia MQA! Teresa Vázquez foi unha das primeiras socias cando MQA Coia abriu. Apuntouse toda a familia cun abono familiar e permaneceron varios anos. Pero hai catro ou cinco anos deuse de baixa, aínda que os fillos seguiron indo a natación.

 

Desta forma, Teresa séguenos en Instagram e así se decatou do sorteo e fixo a súa publicación cos nomes dos seus dous fillos. “Só fixen unha publicación porque pensei, se ten que tocar, cunha participación chega”. E así foi!

 

Recibiu a chamada e da sorpresa pasou á felicidade. “Encantada de regresar a Máis que Auga e proba diso é que xa empecei a ir. Hoxe foi o meu primeiro día e notei varios cambios. As máquinas son máis modernas, podo ver a tele á vez que fago deporte e hai algunhas cousas que non sei moi ben como funcionan, pero pregunto”, explícanos súper animada. Despois da sala fitness pasouse pola piscina e esa é a rutina que quere realizar a partir de agora.

 

Teresa, aínda que non o parece porque é moi nova, xa é avoa e ten un soño. “Do mesmo xeito que aos meus 2 fillos, espero levar ao meu neto de 9 meses a clases de natación. Ademais, el  poderá empezar nas clases que MQA ofrece para os bebés,  porque os meus fillos empezaron como actividade extraescolar aos 3 anos. A esta familia gústalle a auga!”, cóntanos.

 

E non só a Teresa gústalle a auga, podémosvolo asegurar. Á nosa segunda premiada, Susy Trigo encántalle, non en balde, foi monitora de piscina durante moitos anos na piscina do Carmen.

 

Susy, profesora de Infantil, é asidua en Máis que Auga desde hai moitos anos. “Empecei co pádel con Lorena Curiel, Iñaki… Pero non era socia, xa que practicaba outros deportes e non me daba para todo”, sinalou. Pero o pasado ano sufriu unha lesión nunha vértebra e o traumatólogo díxolle que se tiña que esquecer do pádel e do baloncesto, para apostar pola natación que lle viría moi ben para a súa lesión. “Así que me dixen, pois vou a Máis que Auga que xa lles coñezo e gústame”. Iso foi no mes de xullo e a adaptación non puido ser mellor. “Empecei pensando en ir a piscina e algunha clase, pero a primeira deuma Jesús e engancheime! Agora vou a zumba, invicto, clases de bici… A verdade é que estou encantada en Navia, tanto cos traballadores como cos usuarios”, explícanos coa súa alegría habitual.

 

Ela, como Teresa, séguenos en redes porque lle gusta estar ao día do que temos, “e cando vin o concurso, decidín probar, pero non crin xamais que me podería tocar, porque eu son afortunada na vida e no amor, pero o que é no xogo, nada de nada”. Pero esta vez si! Aínda que cando recibiu a chamada de Marisol, pensaba que era unha broma, pero non! Así que agora tócalle gozar do seu premio e alí estaba ao día seguinte, como todos os días, disposta a suar un pouco e a gozar moito máis.