Apúntate ao tríatlon solidario con Isidre Esteve en Máis que Auga

21/02/2018

Todo en marcha para unha fin de semana activo e solidario en Máis que Auga. O sábado 24 entre as 16:00 e as 20:00 horas terá lugar en Navia o triathlón indoor solidario que organizamos xunto a Fundación Isidre Esteve. O gran piloto do rally Dakar que tras un accidente ten que usar unha cadeira de rodas é un exemplo de superación onde os haxa: no 2017 regresou ao Dakar sudamericano, en coche e con mandos  no volante. Pero a súa fundación ten unha función máis importante: recadar diñeiro para promover proxectos dirixidos a mellorar a mobilidade e a calidade das persoas con discapacidade física ao través do deporte.

Por iso toda a recaudación (6 euros, o custo da inscrición) deste tríatlon solidario vai destinada á Fundación Isidre Esteve: un home que traballa pola inclusión ao través do deporte, “unha ponte á discapacidade” na súa opinión. A experiencia é ademais compartida: Máis que Auga xúntase para  este triathlón indoor solidario con tres centros máis de Ferrol, Pontevedra e o centro ponte de Coruxo.  Para Isidre trátase dun día moi importante e asegura que eventos como éste danlle a gran satisfacción dun traballo ben feito: “Esto é o que buscamos que tanto persoas con discapacidade física como sen ela podan estar xuntos facendo deporte. O deporte é capaz de unirnos a todos e o triathlón non fai diferencia entre capacidades”.

En Máis que Auga  sempre tivemos claro esa función integradora e inclusiva do deporte e por iso apostamos por ela.  Os noso centros de Barreiro, Coia e Navia, están adpatados para que podan acceder e adestrar persoas con discapacidade. Por iso tamén apoiamos a dous grandes deportistas con discapacidade que participaron nas paraolimpiadas de Río: Susana Rodríguez Gacio e Chano Rodríguez. Os dous escolleron as nosas instalacións para o seu adestramento. Os xogadores  do clube Amfiv tamén contan co noso apoio e adestran en Máis que Auga pola súa accesibilidade.

Agora ti tamén podes contribuir a esta loita pola inclusión apuntándote a este triathlón en calquera das salas fitness dos nosos centros.