TOMÁS VALERO CAMBIOU A MEDICACIÓN POR DEPORTE

19/11/2020

A Tomás  Valero cambioulle a vida coa súa aposta polo deporte e polo circuíto de forza  eGYM. Fai tres anos comezou a facer deporte en Máis que Auga, onde traballa na sala de  cardio e tamén se pasa pola piscina; e desde hai un ano empezou a utilizar as máquinas do circuíto  eGYM, que el recomenda a todo o mundo, polo efecto positivo que provoca no seu estado físico e a súa saúde.

 

Tomás, desde a súa experiencia persoal, cóntanos como son as máquinas  eGYM. “Ao principio, parecíanme unhas máquinas raras, doutra galaxia e o certo é que son moi diferentes ás habituais. Van marcando o ritmo dos movementos, establecen o peso adecuado ás túas condicións físicas, fan unha análise dos teus resultados, vas vendo a evolución… Para min son un gran acerto, porque son máquinas que te estimulan moito”, manifestou o noso usuario, que comezou a súa relación con  eGYM desde o mesmo momento no que se instalaron en  Máis que  Auga  Coia.

 

Tomás destaca como positivo o feito de que cada seis sesións, se realice unha análise que che permite ver a evolución: “Ves como o teu traballo, o teu esforzo, ten resultados. Vai aumentando a carga do traballo e tamén che indica a evolución na túa idade biolóxica, e iso incentívache a seguir”. Sobre o peso, o noso socio recoñece que el non é dos que se pesan cada semana, pero “si que vexo a evolución da talla e desde que empecei a facer deporte, baixei 8 ou 10 tallas”.

 

E se é importante a talla, moito máis éo a saúde. “Eu son  diabético e cando comecei a facer deporte, tiña unha medicación diaria de pastillas. Actualmente, xa non tomo máis nada que a dose mínima de insulina. E o mesmo dígoche sobre as analíticas, téñoas perfectas!”, comenta orgulloso, porque o seu traballo diario, a súa constancia, o vir facer deporte, aínda que ás veces non apetece, teñen grandes resultados tanto no seu estado físico como na súa saúde.

 

En opinión de Tomás, “desgraciadamente non existe unha cultura social do exercicio e agora, na situación actual na que nos atopamos, é máis necesario que nunca que fagamos exercicio, que non nos  apalanquemos. Temos que esforzarnos pola nosa saúde, porque o deporte achega enormes beneficios na nosa persoa e tamén nos que nos rodean”.

 

E preguntarédesvos, Que é  eGYM? O circuíto de adestramento de forza  eGYM é un sistema dixital, totalmente electrónico e conectado, no que o traballo se adapta ao estado de forma do usuario. Este circuíto conta con varios programas entre os que destaca Immunity  Boost, que se estreou recentemente. Con este programa reforzas o teu sistema  inmunolóxico a través da  musculación e ademais falo sen  sobrecargar o teu organismo.

 

Pero o mellor é que vos acheguedes ao  Máis que  Auga de  Coia e preguntedes polo circuíto  eGYM. Alí os nosos técnicos mostraranvos as máquinas e explicaranvos o seu funcionamento.