TEMOS BOAS NOTICIAS: O VENRES ABRIMOS!

22/02/2021

O venres 26 de febreiro abrimos as portas dos nosos centros Máis que Auga!!! Esta é a noticia que esperábamos dende hai semanas e que hoxe confirmou en rolda de prensa o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Estamos de volta!

 

Así que xa nos puxemos a traballar! Esta mesma tarde convocamos unha reunión de urxencia para organizalo todo para o venres! Tal e como destacou o presidente da Xunta, o deporte é unha actividade esencial na loita contra a COVID-19, polo que regresamos dispostos a traballar duro para fortalecer o sistema inmunolóxico da familia Máis que Auga! Segundo a comparecencia pública desta mañá, abrimos as portas en todos os nosos servizos, só coa limitación de facer grupos de 4 persoas non convivintes, así como que todos debemos levar máscaras e manter as distancias de seguridade, tal e como xa facemos habitualmente no noso día a día.

 

Isto que significa? Pois que ademais de poder acudir de forma libre ás nosas instalacións, o venres xa poderedes acudir a clase do curso (sala, piscina ou pádel) que tiñades contratado. E outra cousa importante: Dende hoxe mesmo xa podedes reservar pistas de pádel, fisio e nutrición para o venres.

 

Nas vindeiras horas seguiremos informando de calquera novidade a través das nosas redes sociais e ademais enviaremos a todos os nosos socios/as e cursillistas un correo electrónico no que daremos conta de como será a reapertura ao público. Por suposto, neste regreso, poderedes desfrutar deses días que quedaron pendentes do mes de xaneiro, polo que ata o día 1 de marzo non pasaremos a cota correspondente ao vindeiro mes.

 

Estamos ansiosos por volver vervos e facer de novo o que máis nos gusta: Coidar de vós e da vosa saúde! Así que, xa sabedes, falta moi pouco para que poidamos abrir as portas de Máis que Auga… Coidádevos moito e recordade que os esperamos nas nosas instalacións! Contade con nós, porque nós contamos con vós… agora máis que nunca!