Tarek aproveita agosto en Máis que Auga

10/08/2017

Tarek Rodríguez é un dos usuarios de Máis que Auga que non deixa de adestrar cando chega agosto, é máis, éste é  o  seu mes favorito para facer exercicio: está de vacacións, ten máis tempo libre e non está sometido á presión do reloxo. Tarek está encantado de que os nosos ximnasios permanezan abertos durante o verán xa que de non ser as todo o traballo que fai de musculación se resentiría.

Outro dos motivos polos que a Tarek lle encanta vir ao ximnasio en verán é a temperatura. O aire acondicionado das instalacións fai que facer exercicios de cardio non sexa un suplicio como ocurre a veces no exterior cando o termómetro sube.

Mentres que moitos ximnasios en Vigo collen vacacións e pechan, Máis que Auga ofrece a todos os clientes a posibilidade de seguir a súa rutina deportiva aínda que a outro ritmo. Algunhas das actividades cesan durante xullo e agosto para reanudarse en setembro, pero hai moitas outras como zumba,fitball drums, power, step, gap ou hipopresivos que se manteñen. Nas clases hai menos xente que no resto de meses e esto tamén supón un aspecto positivo para os usuarios que non teñen vacacións ou que se quedan en Vigo en agosto.

Malia que nas piscinas fanse as paradas técnicas obrigatorias por lei, unha das tres instalaciós de Barreiro, Coia e Navia permanece aberta para que podan acudir todos os abonados que teñen pechada a súa.  O que está claro é que dende Máis que Auga non te damos ningún motivo para que deixes de adestrar en agosto: tes o ximnasio para ti!