TALLERES DE ENTROIDO PARA OS PEQUES EN MÁIS QUE AUGA NAVIA

05/02/2024

Chega o Entroido e en Máis que Auga Navia queremos celebralo cos peques da casa! Así, para os días 12 e 14 de febreiro organizamos dúas actividades diferentes para que os nosos nenos/as gocen desta festa na que os disfraces, maquillaxes, as máscaras e as risas serán os grandes protagonistas.

 

Ademais, coas vacacións escolares, moitos proxenitores necesitan axuda para conciliar a súa vida laboral e familiar, polo que no noso centro de Navia propoñémosvos dous talleres que estamos seguros de que van encantar aos pequenos/as.

 

Taller de máscaras. O luns 12 de febreiro, a partir das 17:00 horas, celebraremos un taller de máscaras para nenos de 3 a 14 anos. Serán dúas horas de actividade nas que sen dúbida se divertirán moito debuxando, cortando e creando a súa máscara especial, única, diferente e personalizada.

 

Concurso de disfraces. O mércores 14 de febreiro, á mesma hora e coa mesma duración, comezará o noso concurso de disfraces. Comezaremos cunha hora de xogos coa monitora e despois teremos o desfile no que os nosos pequerrechos/as lucirán os seus mellores disfraces. Teremos superheroes, princesas, pantasmas, animais peludos, vaqueiros, astronautas… Un fermoso paseo de cor e personalidades varias. Ademais, haberá obsequios para todos os participantes.

 

Estas actividades serán gratis para os abonados de Máis que Auga, mentres que aqueles nenos/as que non sexan socios terán que pagar 5 euros por cada taller. Todas as persoas interesadas poden inscribirse na recepción do centro de Navia.

 

Ademais, lembrade que durante todo o ano temos actividades dirixidas para os máis pequenos – como zumba, crosstraining, urban dance, actívate ou bike -, de forma que farán deporte, relacionaranse con outros nenos e nenas e gozarán nunha contorna saudable e segura. Tamén nestas datas, pode ser unha boa opción para as vacacións.