Taller especial Día da Nai, o sábado 30

20/04/2016

O Día da Nai é o 1 de maio, e para esa data tan sinalada, Máis que Peques xa ten programada unha actividade especial para os pequenos e para as súas nais. Un taller en familia de cociña para celebrar esa festa, que terá lugar o sábado 30 de abril, de 11.00 a 12.30 horas.

A sesión comezará coa elaboración dunha receta que os nenos poderán personalizar cunha dedicatoria para a súa nai. E se rematará facendo unha “obra de arte” entre as mamis e os filos para que a leven como recordo.

O custo da actividade é de 6,25€ para as familias socias (nai cos seus peques) e de 14€ para as familias non socias.

Por outra banda, este mes seguimos co concurso de debuxo Máis que Peques, no que poden participar todos os nenos de 2 a 12 anos que desexen. Esta iniciativa ten como obxectivo premiar mensualmente aos mellores debuxos feitos polos máis pequenos. Estes pasarán a final e en xuño os gañadores serán editados na cartelería dos campamentos de verán de Máis que Auga. Ademáis, os catro finalistas terán como premio diferentes lotes de regalo.