Mujer practicando hipopresivos en gimnasios Vigo

Taller de hipopresivos en Máis que Auga Barreiro

05/02/2017

Queres saber máis sobre hipopresivos, os exercios máis de moda para poñerse en forma? O venres 10 de febreiro temos unha clase especial en Barreiro de 18.00 h a 19.30 horas. Tes unha boa oportunidade para solventar todas as dúbidas e coñecer a fondo as técnicas hipopresivas.

A clase a imparten varias das nosas técnicas de Máis que Auga e conta cunha parte teórica e unha práctica. Hai 45 plazas dispoñibles e podes inscribirte nas recepcións de calquera dos nosos centros de Barrreiro, Coia ou Navia a partir do martes 7 de febreiro. A actividade está aberta a todo o público: para os socios é de balde e para os que aínda non estedes abonados o prezo é de 3,65 euros.

A práctica de exercicios hipopresivos é moi recomendable para o reforzo e a rehabilitación do solo pélvico; para a recuperación posparto; para o alivio de dores lumbares; e para mellorar  o rendemento deportivo. Os hipopresivos tamén teñen unha importante función estética porque axudan á reducción do perímetro abdominal.

Os hipopresivos son un sistema global de adestramento para homes e mulleres que mistura técnicas de estiramento do sistema nervioso con traballos de respiración, fundamentalmente apneas. O obxectivo destes exercicios é eliminar as presións intraabdominais.