11.09.2016
A deportista paralímpica Susana R. Gacio conseguíu o quinto posto na proba de triatlón disputada nos Xogos Paralímpicos de Río.
A paratriatleta viguesa, patrocinada por Máis que Auga, participaba na súa primeira paraolimpiada e tiña esperanzas de clasificarse entre as tres primeiras. Non puido ser e Susana e a súa guía María Isabel Gallardo remataron na quinta praza cun tempo de 1 h.15’29”, nunha proba dominada pola australiana Kelly (1h 12’18”) e as británicas Patrick e Reid. .
En Máis que Auga sentímonos orgullosos dunha atleta que une ao esforzo unha capacidade de superación a toda proba. A nosa máis sinceira felicitación.