SÚMATE Á FAMILIA MÁIS QUE AUGA AGORA!

04/04/2024

O teu corpo pide a gritos un pouco de marcha? Apetéceche coñecer xente noutra contorna? Queres desentumecer músculos? Pretendes poñerte en forma para o verán? Calquera razón é válida e o momento é AGORA! Esperámoste en Máis que Auga!

 

Cal é a oferta que temos preparada para ti? Se te dás de alta agora, o custo da matrícula será de 20 euros que… che iremos descontando na túa mensualidade durante catro meses e… ao final será gratis!  Ademais, regalarémosche unha camiseta e, por suposto, recibirás gratis o asesoramento inicial dun técnico/a de Máis que Auga que analizará contigo o teu estado actual, os teus obxectivos e o adestramento a seguir para alcanzalos.

 

Esta oferta estará activa ata o día 30 de abril e ademais todas as novas altas entrarán no sorteo dun ano gratis de gym.  E se ti es o afortunado/a?

 

Se estás interesado, podes darte de alta a través da web de Máis que Auga ou achegarte ata a recepción da instalación MQA á que queiras acudir e alí poderás realizar o proceso de alta e comezar a gozar dos nosos servizos desde xa.

 

O momento é agora e estaremos ao teu lado para axudarche a gozar da actividade física e o deporte en Máis que Auga.

 

A continuación, tes a ligazón para ver a oferta e darte de alta.