Simulacro de evacuación en Máis que Auga Barreiro realizado en tempo récord

17/07/2015

O simulacro de evacuación que se realizou hoxe en  Máis que Auga Barreiro transcorreu con absoluta orde e tranquilidade e realizado en tempo récord polos clientes e empregados da instalación deportiva. Usuarios e traballadores participaron nesta medida de prevención e seguridade, para a que foron mobilizados os servizos da Policía Local, Protección Civil e  Bombeiros.

 

As 11.00 horas, a alarma de incendios marcou o inicio da evacuación. Clientes e empregados saíron con orde, sen nervios mais a moi bo ritmo de tódalas instalacións do centro.   Entre as imaxes máis curiosas as dos usuarios da piscina ou spa, xa que abandonaban a instalación en bañador e completamente mollados, ou os rapaces que están a participar nos campus de verán, que saían en fila xunto aos seus monitores.

 

Pouco despois chegou a Policía Local e os Bombeiros, que revisaron o edificio e procederon a desaloxar a un usuario en cadeira de rodas. Media hora despois da súa saída, os usuarios e profesionais de Máis que Auga puideron volver a acceder ás instalacións e continuar cos seus exercicios e tarefas.

 

O simulacro de evacuación ten como obxectivo prioritario protexer aos usuarios de Máis que Auga. O simulacro é unha acción preventiva, xa que a empresa quere estar preparada para actuar con profesionalidade e a máxima rapidez no caso de que se tivera que producir un desaloxo masivo nalgún momento.