SEMPRE TEMOS MÁIS PARA OS NOSOS PEQUENOS

02/10/2020

Chega outubro e aumenta a oferta de cursos para os pequenos da casa. Ampliamos as propostas de cursos incluídos no abono, que van dende wodfit, a zumba, bodycombat ou bodypump.

 

Dende hai xa varias tempadas, temos zumba para os que queiran bailar e facer coreografías; ou wodfit para mellorar a axilidade a través de xogos… Ademais este ano comezamos con bodycombat e bodypump, que van a sorprender aos nosos pequenos deportistas. En body pump, os rapaces realizan exercicios de forza ao ritmo da música, sendo unha forma perfecta para iniciarse no traballo de forza. En body combat, tamén con música, farán secuencias de movementos de combate, o que lles servirá como un excelente traballo aeróbico. Ambas son actividades que, sen dúbida, lles van enganchar, xa que poderán facer sentadiñas ou flexións, dar patadas e puños e, podemos asegurarvos, que sairán cansados e divertidos despois da clase.

 

Tedes diferentes opcións ao longo da semana, así que non dubidedes en consultar os nosos horarios para ver que clases se axustan mellor aos vosos intereses. Como sempre, as clases estarán divididas en dúas franxas de idade (Kids para nenos/ as de 4 a 8 anos, e júnior, de 9 a 14 anos) e estas actividades danlle a posibilidade de compartir momentos, diversión e actividade física con outros nenos e nenas da súa idade. Por suposto, ademais destas actividades incluídas no abono, hai outras de pago, como taekwondo, ioga ou pilates, que contan con moitos seguidores.

Ademais, recordade que os mozos a partir de 14 anos están autorizados para acudir á sala fitness, onde poderán facer cardio. Agora que os horarios dos centros escolares cambian para adaptarse a esta nova realidade, os rapaces terán máis tempo libre para facer deporte e en Máis que Auga atoparán un abano moi amplo de actividades no que elixir.

 

Se en sala tedes estas opcións, non esquezades que o día 1 de outubro reanudamos os cursos de piscina para nenos/as, polo que poderedes volver vervos cos vosos compañeiros doutros anos e cos profes, que están desexando mergullarse na auga. Volven as nosas tartarugas, calamares, xureliños ou miñocas…