Niños en piscinas de Vigo

Semana de pais, semana de festa

23/03/2017

En Máis que Auga hai tres semanas ao ano nas que as piscinas convírtense nunha auténtica festa e ésta é unha delas: a Semana de Pais. Ao finalizar cada trimestre se abre a zona de piscina para os papis dos cas 5.000 nenos que veñen á Escola de Actividades Acuáticas e aos cursiños de natación como actividade extraecolar.

Nesta semana os pais poden estar como espectadores no adestramento dos nenos e comprobar por sí mesmos a evolución que teñen feito na auga durante cada trimestre. A todos os pais que queiran tamén se lles permite entrar na auga para xogar e competir cos seus propios fillos  algo que os nenos lles divirte moitísimo.

A semana de pais é a ocasión na que os monitores falan cos pais para explicarlles polo miúdo a progresión do alumno. Pais e nenos desfrutan moito destas xornadas: aos pequenos encántalles exhibirse delante dos maiores e mostrarlles todo o que teñen aprendido, e aos maiores lles enche de orgullo ver como os seus nenos se desenvolven cada vez mellor na auga.

Na Escola de Actividades Acuáticas impartimos clases de natación para nenos dende os 6 meses ata os 18 anos. Nas nosas piscinas tamén damos clases a alumnos de colexios de Vigo que teñen a natación como actividade extraescolar. En función do seu nivel os nenos adestran en diferentes grupos: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

O dito, esta semana nas piscinas de Máis que Auga estamos de festa!