Semana de formación en Máis que Auga

21/05/2019

Unha das “obsesións” de Máis que Auga é a formación continuada do noso persoal para desta forma estar ao día das últimas tendencias e ofrecer o mellor servizo á nosa clientela.

Un exemplo desta reciclaxe continuada podemos velo no pasada semana, na que houbo ata tres formacións do máis alto nivel nas nosas instalacións.

O domingo 19 de maio celebrouse en Máis que Auga Navia o Galicia Aqua Summit, un evento formativo adicado a profesionais do sector e no que os nosos abonados tamén tiveron cabida.

A xornada comezou cunha clase internacional gratuíta para asociados de MQA, na que participaron 80 persoas que gozaron ao máxima dunha proposta diferente e divertida. A continuación comezou a formación, na que participaron 40 profesionais do sector de toda Galicia, que puideron coñecer as últimas tendencias en auga, da man de especialistas de gran recoñecemento como Joana Nunes, Inés Oliveira e Francisco Estevao (Portugal), Laura Romeu (España), André Coelho (Brasil).

Foi a primeira vez que se realizou en Galicia un evento deste tipo, con formadores internacionais, e confiamos en volver a repetir no futuro porque foi unha gran experiencia para todas e todos.

Indoor Cycling Group. O sábado 18 tivo lugar no centro de Barreiro unha formación de cycling indoor, que comezou este sábado e continuará o próximo  25 de maio, ata sumar un total de 20 horas lectivas. Este curso foi realizado en colaboración con Life Fitness e así chegaron a Vigo os seus formadores do Team ICG Iberia, referentes no sector neste campo, que nos ofreceron unha información actualizada e de calidade nesta materia.

 

 

 

E non só houbo formación sábado e domingo. Comezamos a semana coa formación 5 Habilidades dun líder para os equipos directivos dos tres centros Máis que Auga. Este curso foi ofrecido pola profesora María Ángeles de Santiago, da consultora MAS.

Bos alumn@s para unha boa mestra! Seguimos traballando para mellorar pensando en ti!