SEGUIMOS PENDENTES DE CHANO E SERRAT!

17/06/2022

Esta semana os nosos deportistas  Máis que  Auga, Chano Rodríguez e Antonio  Serrat, tiñan citas importantes. Chano está a participar no Mundial de Para Natación en  Funchal (Madeira), mentres que Antonio  Serrat afrontou a Serie Mundial de Leeds. En ambos os casos, boas sensacións e bos resultados. Aínda que ambos sempre queren máis.

 

O triatleta Antonio  Serrat disputaba a Serie Mundial de Leeds, segunda proba puntuable para a clasificación olímpica, e o vigués finalizou na novena posición, sendo o mellor español con moita diferenza. Foi unha proba complicada, con incidentes, caídas e un circuíto complicado e agresivo, que finalizaba cunha chegada en pendente, que non gustaba en exceso a  Serrat. Pero ao final, un  top 10 nunha proba moi dura e esixente e mellor español clasificado.

 

No aspecto negativo, sinalar que Antonio chegou a Vigo e acabou en urxencias con vómitos e  nauseas, algo que lle tivo tocado durante tres días, ata que lle fixo efecto a medicación.

 

CHANO, NO  MUNDIAL

 

Pola súa banda, o nadador  paralímpico Chano Rodríguez está a disputar o Mundial de Para Natación en  Madeira, participando nas probas de 50, 100 e 200 metros libres.

 

Na súa proba, os 50 metros libres,  logrou a sexta posición, cun bo tempo, aínda que non logrou a mellor marca da tempada. Hoxe volveu meterse na final de 200 metros e finalizou na sétima posición, e moi preto do quinto.