Seguimos pechados e sen pasar cota algunha

29/04/2020

Tralo anuncio do plan de desescalada previsto polo Goberno para saír do estado de alarma polo COVID-19, dende Máis que Auga queremos anunciar que as nosas instalacións continúan pechadas e sen pasar cota algunha aos nosos abonados e abonadas.

 

O sector do fitness espera información oficial por parte do Goberno con relación ao noso sector para poder coñecer as datas e condición de reapertura, porque polo momento so temos a información que nos chegou a través da comparecencia do presidente do Goberno ou a través dos medios de comunicación. No momento no que teñamos eses datos no noso poder, porémonos en contacto con todos vós a través das nosas redes sociais e o correo electrónico para que esteades ao día de cales serán os pasos que iremos dando.

 

Unha vez máis, dende Máis que Auga queremos recordarvos que a seguridade é a nosa prioridade, e por iso estamos traballando nas nosas instalacións para que cando abramos as portas poidades desenvolver a actividade deportiva coa máxima tranquilidade e confianza, antes as medidas adoptadas.

 

Ademais, tamén queremos que esteades tranquilos, xa que non imos pasar cota algunha á nosa masa social, ata que podemos volver a realizar o noso servizo.