Se vas ser nai: Fitmom!

04/11/2016

Ti, muller, és unha das nosas preocupacións en Máis que Auga, por eso temos unha morea de actividades dirixidas ao teu benestar en todos os teus ciclos vitais como por exemplo  Fitmom para embarazadas que impartimos dende outubro nas nosas instalacións de Navia . Fitmom é unha actividade que mestura exercicios suaves de ioga e pilates dirixidos e adaptados ás que ides ser nais. Podes acudir a estas clases  dende as 12 semanas de xestación ata que saes de contas, sempre co consentimento do teu médico e o certificado da túa matrona.

A actividade física nas embarazadas é  positiva e necesaria e é preciso desbotar falsas creenzas. O exercicio que facemos en Fitmom apórtache benestar a ti e ao teu  bebé:  traballamos a mobilidade pélvica, a prevención e disminución de dores de espalda e a tonificación de diversos grupos musculares.  Unha parte moi importante do Fitmom é a relaxación  e a respiración porque é fundamental que  pases este período tan importante da túa vida en armonía e tranquilidade.

As clases de Fitmom duran 45 minutos.  O horario é os luns ás 11.45 horas e os xoves ás 11.30 horas. O prezo mensual é de 8,35 euros para socios e 16,65 euros  para non socios.  En Máis que Auga Coia tamén hai clases para embarazadas os xoves ás 11.45 horas. O Fitmom é unha actividade que podes complementar perfectamente con outra das nosas clases: Embarazauga, exercicios para embarazadas na auga que impartimos nos centros de Barreiro, Coia e Navia.