SE FELIZ E ADESTRA CONNOSCO!

18/04/2022

Que nos fai felices? Unha comida familiar, o sorriso dun neno/a, un bo rato cos amigos/as, un paseo, un libro, unha viaxe, sentirme ben… Adestrar, estar en forma, un largo nunha piscina, un partido de pádel cos amigos, un ratito no spa…

 

Nós somos felices así, con todos eses momentos que son especiais e agora queremos compartilos contigo! Se queres ser feliz e adestrar con nós, temos o pack feliz para ti! Se te fas socio do 18 de abril ao 5 de maio teremos varios incentivos para que sexas máis feliz: a matrícula gratis, un mes sen custe do servicio de nutrición da APP de Máis que Auga e agosto gratis como asociado MQA!

 

Son 200 prazas por centro, así que non tardes e volve ser feliz! Podes darte de alta na recepción de calquera dos nosos centros ou ben a través da páxina web. Aquí tes a ligazón para poder aproveitar esta oferta.

E tamén queremos recuperar as campañas de fidelización, na que as e os nosos socios poden saír beneficiados. Se alguén quere darse de alta con esta oferta e ven da túa man, non só terá esa persoa as vantaxes desta campaña (sen matrícula, agosto e APP nutrición gratis), senón que o noso socio/a tamén disporá dun mes gratis (o de xullo).

 

Ven recuperar con nós estes momentos de felicidade! Esperámoste!