Se es cursillista, ´Pásate ó verde´

11/03/2016

Máis que Auga inicia unha nova campaña dirixida exclusivamente a cursillistas dos nosos tres centros. Pásate ó verde invita a todos eles a mudarse en abonados durante este mes de marzo. De facelo, teñen grandes vantaxes, entre as que destacan:

  1. Matrícula gratuíta
  2. 50% de desconto nas mensualidades de xullo e agosto, se permanecen abonados ata o mes de xuño incluído
  3. Extensión desta promoción as súas familias, no caso dos nenos e nenas cursillistas

Sabemos que xa nos coñecedes e que a moitos de vós gustaríavos seguir connosco. Se é así, Pásate ó verde e faite socio de Máis que Auga en calquera dos nosos tres centros de Vigo, en Barreiro, Coia/Florida ou Navia.

Como vedes, todo son vantaxes. Os interesados poden ter máis información e realizar o alta nas recepcións dos nosos centros. A campaña, que comeza este venres 11 de marzo, remata a finais de mes.