SARA BRAVO: “GRAZAS A MÁIS QUE AUGA TEÑO UNHA VIDA MELLOR”

29/11/2020

Cando escoitamos testemuños como o que vos imos mostrar,  en  Máis que  Auga imos a casa aínda máis contentos e satisfeitos do habitual. Sara Bravo, unha usuaria do servizo de adestramento persoal, resume nesta frase o que significou para ela este servizo: “Grazas a vós eu teño unha vida mellor. Se chega a ser polos médicos, non me movería da cama  empastillada, e grazas a vós fago unha vida completamente normal. Podo correr, rir, sentarme…”

 

Así que hoxe imos coñecer da man de Sara o adestramento personalizado  Máis que  Auga, no que o técnico establece un traballo axustado a conseguir os obxectivos específicos do usuario. Sara chegou a  Máis que  Auga hai uns tres anos e medio, e cando o fixo apenas podía camiñar por culpa dun  pinzamento lumbar, que lle afectaba ao nervio  ciático. Comezou con  hipopresivos, pero como apenas podía seguir as clases, decidiu cambiar e facer adestramentos persoais con  Jana para mellorar a mobilidade e volver camiñar, “algo que pode parecer moi simple, pero que para min era vital”. E obxectivo conseguido! “Estaba tan contenta que continuei un ano e medio máis, pero ía a  hipopresivos, a natación e a columna+… Entón, como xa me atopaba mellor, sabía facer os exercicios e tiña varias clases, deixeino”, explicou a nosa socia.

 

Esta foi a primeira quenda, pero agora, tras o confinamento, regresou ao adestramento personalizado. Neste caso non foi por unha recaída grave, senón porque quería seguir traballando na prevención. “Pregunteille a Aitor -o técnico- se podía adaptar os adestramentos á miña patoloxía, e se encima podo baixar uns quilos, mellor. Pero o obxectivo prioritario é a miña saúde corporal. É un servizo que eu uso a modo preventivo. No canto de ir ao  fisio con dor e  medicada, vou a Aitor e estou ben, con moita mobilidade e feliz”.

 

Afirma estar encantada co adestramento: “Estou tremendamente satisfeita. Vou todas as semanas e vou seguir indo. É un gasto, por suposto, pero é un investimento na miña saúde e na miña mobilidade, no meu estilo de vida. Teño unha patoloxía e apostei para mellorar”. Ademais, en plena pandemia recoñece que “valoro moito a individualidade, non tocar o material que toca todo o mundo…”

 

Sara, coa súa alegría desbordante, agradece o traballo que está a realizar  Máis que  Auga desde o regreso tras o confinamento: “Moitas grazas por todo o que facedes co coroa virus, nótase a implicación que tedes, como nos coidades”. E nós só podemos agradecerlle a ela a súa confianza nos nosos profesionais, o deixar nas nosas mans a súa saúde e non podemos estar máis felices de ver a súa evolución en todo este tempo.