Sabes o gasto que supón incrementar un grao a temperatura das piscinas?

02/01/2023

Un grao pode parecer moi pouco, porque ás veces nin o notamos, pero con todo vas  sorprenderte do incremento no consumo que supón subir ese grao na temperatura da auga das nosas piscinas.

 

Algunha vez pensaches nisto? Seguro que non, pero igual agora ao preguntarte, cres que pouco pode ser e estamos convencidos de que te van sorprender as cifras. A realidade é que subir un grao a temperatura nas piscinas e o spa de cada centro ten un custo aproximado de 23.000 euros ao ano (case dous mil euros ao mes), o cal significa en total 69.000 euros nos tres centros. Si, por un grao.

 

Parámetros de temperatura marcados pola Xunta. Ás veces, algún socio/a acode a recepción e quéixase da temperatura da auga. Os nosos compañeiros/as indícanlles onde poden ver as medicións realizadas por un laboratorio externo especializado, nas que se analiza mensualmente a calidade da auga e, por suposto, tamén a temperatura.

 

Tal e como podedes comprobar en cada centro, as nosas piscinas respectan os parámetros marcados no Real Decreto 742/2013, que é o que establece os criterios técnicos/sanitarios que deben cumprir as piscinas.

 

Con respecto ás temperaturas da auga, no Real Decreto establécese unha marxe de 24 a 30 graos e actualmente, nas nosas piscinas a temperatura é de entre 26,5 a 27 no caso do vaso grande e de 29 a 29,5 no pequeno, como podedes ver moi preto do máximo establecido por lei. Ademais, no vaso do spa a temperatura actual é de entre 30,5 a 31 graos e a Xunta establece que o límite está en 36.

 

Situación noutras piscinas. A crise enerxética está a golpear a todos os ximnasios e de forma moi especial no caso das piscinas, nas que o consumo de enerxía é das 24 horas do día os sete días da semana. Hai só uns días, saíu publicado un artigo en Gymfactory titulado “Situación insostible nas piscinas de Vigo debido aos elevados custos do gas” e no que se explica como se duplicou, e ás veces triplicou, o gasto e as dificultades coas que se atopa o sector día a día.

 

Aquí deixámoste a ligazón ao artigo, por se queres consultalo.

Recomendacións. Evidentemente non todos somos iguais, e se cadra ti es un pouco máis friorento e non estás cómodo nadando nas piscinas no inverno, a pesar de que, como acabas de ver, cúmprese coa normativa e as temperaturas son máis ben altas (están moi preto do máximo establecido). Pois non dubides en coidarte e aposta por neoprenos ou polas camisetas de natación. Son dúas boas opcións que farán a túa experiencia na auga máis satisfactoria.